Inicio › Zona do alumno
Zona do alumnoTodo o que precisas, nun só sitio
Test para practicar, a nota do teu exame e os teus puntos.
O día do exame
- Leva o teu DNI ou NIE orixinal e en vigor. Sen el non te examinan.
- Se usas lentes ou lentes de contacto para conducir, lévaos postos.
- Chega con tempo. Para o teórico lévaste e tráeste a autoescola.
- Durme ben e almorza: os nervios baixan moito.
Dúbidas frecuentes
Non me lembro do meu usuario dos test
Escríbenos por WhatsApp e dámoscho de novo.
Aprobei. E agora?
Tráfico dáche un permiso provisional que vale tres meses en España; o definitivo chégache á casa. Lembra levar o «L» o primeiro ano.
Suspendín. Cando podo volver?
Fala co teu profesor: miramos que fallou e presentámoste na seguinte data que che conveña.
