Ir ao contido
Autoescola Miguel

Inicio › Carretilleiro

Carretilleiro

O curso de carretilleiro que che piden para traballar

Almacéns, conserveiras, lonxa, construción: para manexar unha carretilla elevadora a empresa ten que acreditar que estás formado.

Para quen é

  • Para quen busca traballo e quere chegar coa formación feita.
  • Para quen xa manexa carretilla e precisa acreditalo.
  • Para empresas que teñen que formar o seu persoal: a lei de prevención de riscos obriga a que quen usa un equipo de traballo estea formado para iso.

Que se aprende

  • Como é a carretilla e como se comproba antes de usala.
  • Carga, estabilidade e circulación segura.
  • Prácticas de manexo con carretilla frontal, carretilla retráctil e transpaleta eléctrica.

Non precisas experiencia previa: o curso é teórico e práctico e empeza desde cero.

Dura un día e ao rematar levas o teu certificado.

Preguntas que nos fan moito

Fai falta ter carné de conducir?

Para facer o curso, non. Para circular coa carretilla pola vía pública si que se precisa permiso; dentro da empresa, o que se esixe é a formación.

Cando é o próximo curso?

Escríbenos por WhatsApp e dicímosche a próxima data. Para empresas, a formación é bonificable.

Empezamos?

Escríbenos e dicímosche que traer, cando podes empezar e canto che vai custar.

WhatsApp Pide orzamento