Inicio › Para empresas
Para empresasOs teus condutores, coa formación ao día
Encargámonos da renovación do CAP e do resto de formación que precisa o teu persoal, preto e sen que perdan días de máis.
O que máis nos piden as empresas
Renovación de 35 horas
Obrigatoria cada cinco anos para camioneiros e condutores de autobús. Un condutor co CAP caducado non pode traballar.
Ver o CAP →Carretilleiro
Formación para o persoal de almacén que manexa carretillas elevadoras.
Ver o curso →Permisos profesionais
Camión, autobús e tráiler para quen xa traballa contigo e quere subir de categoría.
Ver os permisos →Como traballamos coas empresas
Dinos cantos sodes
Cantos condutores e cando lles caduca o CAP.
Buscamos datas
Metémolos nun curso xa previsto ou organizamos un para o teu grupo.
Facemos o curso
Na nosa aula de Ribeira. Os teus condutores saen coa formación renovada.
Un consello
Apunta a data de caducidade do CAP de cada condutor (está na tarxeta de cualificación ou no código 95 do permiso) e reserva o curso con tempo.
Formación bonificable
A formación dos teus traballadores pódese bonificar. Dinos cantos sodes e explicámosche como.
Empezamos?
Escríbenos e dicímosche que traer, cando podes empezar e canto che vai custar.
