Inicio › Camión, autobús e remolque
Camión, autobús e remolqueOs permisos que dan traballo
Camión, autobús e tráiler, e o CAP para poder traballar con eles. Todo na mesma autoescola, sen saír do Barbanza.
Camión
Camión pequeno · desde os 18 anos
Vehículos de máis de 3.500 kg e ata 7.500 kg.
Camión · desde os 21 anos
Vehículos de máis de 3.500 kg, sen límite de peso. Desde os 18 se tes o CAP de cualificación inicial ordinaria.
Autobús
Microbús · desde os 21 anos
Ata 16 pasaxeiros ademais do condutor e 8 metros de longo.
Autobús · desde os 24 anos
Vehículos de máis de oito pasaxeiros. Co CAP a idade pode ser menor: pregúntanos polo teu caso.
Remolque
Co coche
Para levar co teu coche ou furgoneta un remolque ou caravana de máis de 750 kg e ata 3.500 kg.
Co camión ou o autobús
O C+E é o permiso de tráiler: camión con remolque ou semirremolque de máis de 750 kg.
Que che piden
- Ter xa o permiso B.
- Ter a idade do permiso que queres.
- Recoñecemento médico específico para estes permisos.
- Aprobar o teórico específico, as manobras en pista e a circulación.
Estes permisos renóvanse cada cinco anos ata os 65, e cada tres despois.
Para traballar, ademais, o CAP
O permiso déixache conducir. Para facelo de forma profesional —cobrar por levar mercadorías ou viaxeiros— precisas tamén o Certificado de Aptitude Profesional. Tamén o damos nós, así que podes facer as dúas cousas seguidas.
Ver o CAPPreguntas que nos fan moito
Hai axudas para o carné de camión ou autobús?
A Xunta convocou outros anos axudas para menores de 30 anos. Mira a guía das axudas.
Canto custa e canto se tarda?
Depende do permiso e de se fas tamén o CAP. Pídenos orzamento e dicímosche prezo e prazos para o teu caso.
Empezamos?
Escríbenos e dicímosche que traer, cando podes empezar e canto che vai custar.
