Ir ao contido
Autoescola Miguel

Inicio › Privacidade

Política de privacidade

FALTA: que revise este texto quien os lleva la protección de datos (en la web actual figura Prodasva como delegado). Es un borrador hecho con lo que hace de verdad esta web.

Quen é o responsable

Autoescuela Miguel e Hijo, S.L. · CIF B15514649 · Praza Uxío Novoneyra, 5, 15960 Ribeira (A Coruña) · info@autoescolamiguel.com · 981 873 256.

Que datos tratamos e para que

  • Orzamento e contacto: nome, teléfono, o permiso ou curso que che interesa e a sede. Usámolos só para responderche.
  • Prematrícula: ademais, apelidos, data de nacemento, concello e permisos que xa tes. Usámolos para preparar a túa matrícula.

Os formularios desta web non gardan nada nin envían nada pola súa conta: abren o teu WhatsApp ou o teu correo coa mensaxe escrita e es ti quen a envía. Se nos escribes por WhatsApp, aplícanse tamén as condicións de WhatsApp.

Con que base legal

O teu consentimento, cando nos escribes, e a aplicación de medidas previas a un contrato, cando pides orzamento ou matrícula.

Canto tempo os gardamos

O necesario para atender a túa consulta. Se te matriculas, pasan ao teu expediente de alumno e consérvanse os prazos que marca a lei.

A quen llos damos

A ninguén, agás obriga legal. Se te matriculas, comunícanse á Xefatura de Tráfico os datos necesarios para tramitar o teu permiso.

Os teus dereitos

Podes pedir ver, corrixir ou borrar os teus datos, opoñerte ao seu uso ou limitalo, escribindo a info@autoescolamiguel.com. Se cres que non os tratamos ben, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).

Menores

Se tes menos de 14 anos, pídelle a teu pai, nai ou titor que nos escriba por ti.

WhatsApp Pide orzamento